982 251 658
Salas Museísticas Municipais Lugo
O Centro de Interpretación da Muralla está situado na praza do Campo, no centro histórico da cidade. Está situado nun edificio entre medianeiras formado por planta baixa, dous pisos e baixo cuberta, cuxas orixes de construción se remontan a comezos do século XVIII. Na planta baixa está a zona de recepción e acollida do visitante, que comparte espazo coa Oficina Municipal de Turismo.
Coa súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000, a Muralla obtivo un recoñecemento institucional que se viu reflectido na creación deste espazo que lle axudará a dialogar co viaxeiro, e que lle proporciona unha porta cara o coñecemento do seu pasado.
Con este Centro de Interpretación a cidade abre unha nova porta que desvela os secretos da Muralla, mostrando diferentes aspectos da mesma, desde as súas características constructivas, a súa historia ou os seus múltiples usos, cunha perspectiva máis social e lúdica, e que podemos coñecer nunha vista polas plantas superiores do centro.
HORARIOS VISITAS GUIADAS
De balde.
Duración 30/40 min.
MAÑÁS: ás 10:30 H e ás 12:00 H
TARDE: ás 17:00 H e ás 18:30 H (CANDO O HORARIO O PERMITA)
Estas visitas poderían verse modificadas en caso de haber reservas.
RESERVA VISITAS GUIADAS GRUPOS
De balde.
Para un mínimo de 8 persoas.
(Grupos de turistas, asociacións, centros de maiores, grupos familiares, profesionais…).
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal
RESERVA VISITAS DIDÁCTICAS
De balde.
Para centros educativos.
Servizo de visitas adaptadas ás distintas etapas educativas.
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal
Praza do Campo, 11, 27001 Lugo
982 251 658