![](https://museoslugo.gal/front_end/assets/assets/images/gal.png)
![](https://museoslugo.gal/front_end/assets/assets/images/spa.png)
![](https://museoslugo.gal/front_end/assets/assets/images/eng.png)
Lugo exhibe, orgullosa, as pegadas do seu pasado romano, impresas na Muralla que a rodea, Patrimonio da Humanidade, nas termas ou na súa ponte romana.
O concello de Lugo xestiona as Salas Museísticas Municipais, conformado na actualidade por cinco centros expositivos e unha oficina de turismo, aproveitando a riqueza patrimonial e cultural da cidade, sen deixar de lado mostras contemporáneas con marcado corte vangardista.