Horario

Ver horario

Contacto

982 801 105

Redes Sociais

Accesibilidade e Normas

Ver Accesibilidade e Normas

Salas Museísticas Municipais Lugo

Centro arqueolóxico San Roque

Conxunto arqueolóxico sito a escasos metros da Muralla Romana e da entrada en Lugo do Camiño Primitivo a Santiago e que está integrado polos restos dun cemiterio romano, un estanque cultual e un forno cerámico tardío. Todos estes elementos están vencellados á súa vez ao paso da vía romana XIX, outro dos importantes camiños históricos que cruzan a cidade.

Neste conxunto arqueolóxico consérvanse dúas tumbas pertencentes a unha gran necrópole que se mantivo activa ao longo de cinco séculos, documentando a presenza dos ritos funerarios de incineración e inhumación durante ese período.

Ao carón da necrópole e da vía de acceso, construíuse, en torno ao século I d.C., un gran estanque de auga en opus caementicium (formigón romano), que estaría en relación co propio culto funerario ou quizais con algún culto relixioso máis complexo, no cal poderían estar presentes certas divindades orientais, segundo se traduce dos simbolismos dos relevos por onde circulaba a auga.

A presenza dun forno empregado para a fabricación de material cerámico testemuña o uso industrial ao que se dedicou esta zona nas postrimerías do século V d.C.

Galería

Visita Museos Lugo
Centro arqueolóxico San Roque

HORARIOS VISITAS GUIADAS

De balde.
Duración 30/40 minutos aproximadamente.
MAÑÁS: ás 10:30 H e ás 12:00 H
TARDE: ás 17:00 H e ás 18:30 H
Estas visitas poderían verse modificadas en caso de haber reservas.


RESERVA VISITAS GUIADAS GRUPOS

De balde.
Para un mínimo de 8 persoas.
(Grupos de turistas, asociacións, centros de maiores, grupos familiares, profesionais…).
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal


RESERVA VISITAS DIDÁCTICAS

De balde.
Para centros educativos.
Servizo de visitas adaptadas ás distintas etapas educativas.
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal

*Esta información é válida para os tres museos (Casa Mosaicos, Centro Arqueolóxico San Roque e Porta Miñá)

Onde estamos?

Rúa Emilia Pardo Bazán s/n, 27002
Xardíns San Roque Lugo

Contacto

982 801 105

Redes Sociais

Accesibilidade e Normas

Ver Accesibilidade e Normas