982 25 48 15
Salas Museísticas Municipais Lugo
A Casa dos Mosaicos ou Domus Oceani, debe o seu nome ao magnífico mosaico coa cabeza do Deus Océanos descuberto na rúa onde se sitúa, Doutor Castro, en 1842. Esta sala museística está integrada polos restos pertencentes a unha gran domus ou residencia señorial romana, datada a finais do século III ou principios do IV d.C, de notables dimensións e ricamente ornamentada.
Sita no centro da cidade, moi preto do antigo foro, entre os restos da antiga domus podemos apreciar parte dalgunhas das súas dependencias; a gran sala de recepción (oecus) e a súa antesala, ambas as dúas pavimentadas con mosaicos de extraordinaria calidade (parte dos cales tamén podemos contemplar por baixo do pavimento da rúa nunha ventá arqueolóxica disposta a tal fin), un triclinium ou salón de inverno con hypocaustum que aseguraba a súa calefacción, os restos dun patio interior porticado e outros ámbitos menores. Na visita a esta sala museística pódense apreciar os vestixios de pintura mural que decoraban algunhas das estancias da domus.
HORARIOS VISITAS GUIADAS
De balde.
Duración 30/40 minutos aproximadamente.
MAÑÁS: ás 10:30 H e ás 12:00 H
TARDE: ás 17:00 H e ás 18:30 H
Estas visitas poderían verse modificadas en caso de haber reservas.
RESERVA VISITAS GUIADAS GRUPOS
De balde.
Para un mínimo de 8 persoas.
(Grupos de turistas, asociacións, centros de maiores, grupos familiares, profesionais…).
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal
RESERVA VISITAS DIDÁCTICAS
De balde.
Para centros educativos.
Servizo de visitas adaptadas ás distintas etapas educativas.
Chamando ao 982251658 ou enviando correo ao enderezo lugoturismo@lugo.gal
A emisión do vídeo do xacemento faise ás horas en punto.
Rúa Doutor Castro, 20, 22, 27001 Lugo
982 25 48 15